10/06/2013

     

    

Concentración na Praza do Calvario do Rosal

 

Unhas 500 persoas concéntranse no Rosal en contra do decreto que legaliza as quitas

 

            Unhas 500 persoas concentráronse o domingo, 9 de xuño, desde as 12.30, na Praza do Calvario, no Rosal, para expresar o seu rexeitamento a quíta “legalizada” polo Goberno, unha concentración que viviron como un momento de gloria Gertrudis Magallanes e José Manuel Pereira que recibían, neses momentos unha chamada do banco, a pesar de ser domingo, anunciándolles que esta semana acudirían á vía da arbitraxe.

            Plataformas de estafados polas preferentes e subordinadas de Redondela, Condado-Louriña-Paradanta, A Estrada, Gondomar e Compostela, e afectados do Rosal e da Guarda, reclamaron a devolución íntegra dos seus aforros. Xulio Vicente, portavoz dos afectados do Baixo Miño, facía un chamamento a seguir unidos para lograr o que conseguiran outros 18.000 afectados en Galicia: a devolución total dos seus aforros, cualificando de referente a loita que por recuperar o que lles pertence levan en Galicia, con epicentro no Rosal <os afectados de Bankia só recuperaron os seus aforros en 29 casos>, aludindo  á falta de unión destoutros afectados. Lamentaron a falta de apoio do goberno rosaleiro, pedindo a dimisión do alcalde e facendo referencia “ao desprezo” que sentiron por parte de dúas concelleiras con “corte de mangas” dedicado aos concentrados o día no que o alcalde ordenou desaloxar aos encerrados, que se mostraron dispostos a non cesar nas súas reivindicacións, con consignas como “Non pararemos ata que cobremos” e “Pola quita non pasaremos”, que se corearon durante a concentración.

            En contraste coa actitude do alcalde, José Mª Fernández Portela, ou a do alcalde do Porriño, que, para justificar a promesa de Rafael Louzán de que se o PP gañaba as eleccións todos cobrarían, e que asegurou o pasado mércores que “En campaña electoral mente todo o mundo”, destacaron a posición de Alejandro Rodríguez, rexedor de Oia, quen recoñeceu, dixeron, a promesa de Louzán, e o apoionos publicamente advertindo en máis dunha ocasión que os estafados teñen que recuperar o que é seu.

            Apoiando as reivindicacións dos estafados soaron os bombos e caixas do Trebón dos Xidos e sentiron tamén o apoio presencial do actor Carlos Candeiro, quen fixo gala da retranca galega na súa intervención e nomeou, un a un, aos deputados populares que “votaron contra nós” “deputados cómplices desta delicuencia financieira, que non son xente anónima, son xente con nome e apelidos”. “Somos os espoliados por un goberno que aproba un decreto que nos aplica quitas  medias dun 50 por cento e canxes por accións que non valen nada”. E finalizou a súa intervención facendo un chamamento a seguir unidos: “temos que estar xuntos! Evitar que nos dividan!”.

Durante o acto interpretáronse algunhas cancións como <Chourizos veñen e van>, con música da Rianxeira, e lembráronse as próximas mobilizacións que xa están convocadas en Galicia.

  

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Mercado do Reló:

para dinamizar

o comercio

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com