21/08/12

     

    

Centro Municipal de Piragüismo

Quique Míguez

Reportaxe: Beti Rey

 

O Centro Municipal de Piragüismo recibiu o nome de Quique Míguez

 

O piragüismo centrou a atención esta fin de semana en Tui non só co Campionato de España senón tamén co máis que merecido recoñecemento brindado na tarde do venres ao olímpico tudense Enrique Míguez. O Centro Municipal de Piragüismo leva agora o seu nome.

O acto do venres foi moi emotivo e contou coa presenza tamén de Narciso Suárez con quen Quique Míguez lograra o 10 de agosto de 1984 a medalla de bronce en c2 500m en Los Ángeles. Comezou coa proxección do vídeo da regata olímpica e da entrega da medalla de ouro.

A continuación tomaba a palabra o concelleiro de Deporte, Nicolás Lorenzo, quen na súa intervención comezou mencionando aos expresidente do Kayak Tudense e lembrando “a todas as persoas que traballaron desinteresadamente para converter ao Kayak Tudense no mellor club de España”. Recordou tamén ao falecido Julio Piña, e a Julio Sousa adestrador de Quique Míguez, así coma os padeeiros que pasaron polo club entre eles os desaparecidos Jiménez e Juan Madri. Engadía Nicolás Lorenzo que “este é un deses días en que a un lle emociona ser o concelleiro de Deportes desta cidade, síntome inmensamente feliz”. O edil recoñecía que logo da medalla de Quique el e moitos outros comezaron a practicar deporte e quería ser coma él, xa que vían coma a un héroe. Nicolás Lorenzo lembrou coma o primeiro descenso popular emocionou a Quique Míguez e se dixo porque non seguir emocionandoo e “poder devolveros a tí e a todos os padeeiros o que moito tempo os ten faltado, o recoñecemento da cidade de Tui”. Remataba indicando que “hoxe aquí no teu río e no teu club e sinxelo pero emotivo homenaxe para todo o mundo poida ver que con traballo, esforzo, e dedicación o éxito e o recoñecemento acaban chegando”.

Interviña a continuación o presidente do Club Kayak Tudense, Esteban Alonso, destacando que nos máis de trinta anos que o club levan en funcionamento pasaron polas súas filas máis de mil deportistas, dos 51 son ou foron internacionais con 25 medallas en campionatos do Mundo, 36 en campionatos de Europa, e só unha medalla olímpica que é a de Quique Míguez. Tamén Esteban Alonso sinalou que logo de ver gañar a medalla olímpica a Míguez tamén él se propuxo facer piragüismo. Agradeceu o presidente do Kayak Tudense a presenza de Suso Morlan, adestrador de David Cal que non poido acudir ao acto, e que ben sabe o valor dunha medalla olímpica. E desexou que “a corporación municipal siga apoiando o deporte, siga apoiando o piragüismo, siga apoiando o deporte de base e o de competición que ambos son necesarios e imprescindibles na nosa cidade”.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destacaba que o Concello de Tui e a cidade de Tui tiñamos unha débeda con Quique Míguez, engadindo que “con este acto non a estamos saldando pero si recoñecéndoa”. Lembrou como cando era neno “Quique para nós era un ídolo” e co paso dos anos seguiu demostrando, dicía o rexedor, que “aparte dun gran deportista é unha excelente persoa”, e é “un referente para todos os novos deportistas”. Sinalaba Moisés Rodríguez que “os tempos son complicados pero o deporte é o mellor investimento que podemos facer”. Lembrou que o pleno da corporación acordou tamén dedicarlle unha rúa aos olímpicos tudenses.

O último en tomar a palabra foi o homenaxeado Quique Míguez quen comezaba dando as grazas. Tivo amais palabras para a súa nai, a súa muller e a súa familia, así como a Julio Sousa que era o adestrador do club e aos presidentes do Kayak, e ao seu compañeiro do c2 Narciso Suárez. Daba grazas “ao piragüismo porque grazas a este deporte puiden conseguir un resultados, non só para min, senón para a miña cidade, que é por riba de todo bastante máis importante que calquera medalla, que a túa cidade se pronuncie, como aquel día, en toda España”. Remataba  “as grazas de corazón” e sinalando que “o que este edificio significa para mí, me gustaría que tamén o signifique para vos, que esta é a vosa casa, a casa de calquera padeeiro que se achegue por Tui, que se achegue ao río que é unha das cousas máis bonitas que temos en Tui e que o disfrute”.

A continuación tiña lugar o descubrimento da praca co nome de Quique Míguez no Centro Municipal de Piragüismo mentres o grupo Xuntanza de Randufe intrepretaba un fragmento do Himno do antigo Reino de Galicia.

  

Outra forma de ver a reportaxe; premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Campionato de España de Maratón de piragüismo

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com