19/12/2013

     

    

"Belén do Pai Vidal"

  

Estes días pódese visitar no colexio dos Pais Somascos o orixinal Belen do Pai Vidal

 

         

            O Pai Vidal, da orde dos Somascos, volve, como apuntou o profesor do colexio, Joaquín Miguel Villa, “como o turrón polo Nadal”, e alusión aos “beléns” cos que cada ano crea ese ambiente navideño no centro no que imparte docencia e que fai chegar a cantas persoas queiran disfrutar dos seus orixinais beléns, nos que hai pezas en movemento, como un ferreiro, muíños, xogos de luces, e se recrea o día e a noite.

            Baixo o entarimado no que se expón o “Nacemento”, unha morea de frascos e vasos con auga e sal, e cables que para os que non sabemos destas cousas, semella un complicado e incrible mundo eléctrico.

            Vale a pena achegarse a disfrutar, unha vez más, desta recreación do Nacemento na que o Pai Vida traballou, paseniñamente, desde xaneiro “edificando” un pobo no que as construccións (casas, cortes, tendas, muíños) son obra tamén deste cura tan próximo á xente.

      

Outra forma de ver a reportaxe; premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Presentación de "Treboada Gallega" na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com