15/04/2013

     

    

Presentación do Ballet Studio 88 Professional

 

O Centro Cultural escenario da presentación do Ballet Studio 88 Profesional

 

            O Centro Cultural da Guarda acolleu, o sábado, 13 de abril, o primeiro espectáculo da Compañía Ballet Studio 88 Profesional, un novo proxecto da Asociación Studio 88, baixo a dirección de Josué Álvarez, que contou coa complicidade dun cento de persoas que arrouparon coa súa presenza o debut deste novo colectivo. Que puso en escena “Cuerpo”.

            Josué Álvarez agradeceu os apoios recibidos para este proxecto, os patrocinios de distintas casas comerciais e as colaboracións de institucións. Aínda así os apoios non abundan e as axudas non son suficientes téndose que custear, dixo, cada integrante do Ballet Studio Profesional os traxes cos que actúa, dado que os fondos da Asociación non chegan para facer fronte aos gastos.

            Manifestou o director de Ballet Studio 88 que saen ao escenario con ilusión e ganas de seguir traballando pola cultura e adiantou os próximo eventos nos que participarán ata o vindeiro verán.

 

Outra forma de ver as reportaxes: premer nas fotos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Festividade

de San Xián

(O Rosal)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com