06/08/2013

     

    

Misa e Procesión  de San Queitano

 

A Comisión de Festas de San Queitano homenaxeou aos últimos presidentes deste colectivo

 

            Máis de 300 persoas asistiron o domingo, 4 de agosto, a Misa solemne en honor a San Queitano, patrono da Cruzada. Cooficiaron os oficios relixiosos o párroco da Guarda, Jesús García Villadóniga, e o sacerdote José Luis Blanco quen na homilía, lembrou o centenario da reconstrucción do santuario posto baixo a advocación de San Queitano.

            O momento máis emotivo tivo lugar cando, concluída a Misa solemne cantada polo Coro Parroquial, o presidente da Comisión de Festas chamou ao palco aos presidentes que lle precederon, e recordou a Rafael Vicente Martínez, finado o pasado 6 de xullo, persoa moi vinculada co barrio. A súa filla recolleu unha placa e un libro, recordos do Centenario que tamén recibiron os demais presidentes.

            Posteriormente a comitiva procesional, co alcalde ao fronte, en representación da Corporación, percorreu as principais rúas do barrio, acompañada da banda de música da Agrupación Musical do Rosal, que ofreceu, ao rematar o acto procesional, un pequeno concerto no adro da capela.

         

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

Reportaxe anterior

 

La Casa Taller de Daniel Alonso y Gemma Marqués

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com