05/03/ 2010

     

    

RESIDENCIA

MONTE TECLA

Escola Unitaria da Poza (Camposancos) 

Reportaxe: Rafael Álvarez Martínez

 

A Poza, para quen non a coñeza é unha pequena escola de pobo situada nun lugar privilexiado, a carón dunha fonte e rodeada de vexetación. O seu patio, a diferenza das grandes escolas, non é de cemento senón de herba e con diferentes tipos de flores e árbores frutais e ornamentais como ameixeiras, cerdeiras, nogais e castiñeiros. No seu interior ten todas as comodidades necesarias para o ben estar dos nenos.

 

 

 

A nivel didáctico, conta con ordenadores, pantalla táctil, biblioteca e zona de xogos.

 

Tamén nos visitan varias veces a semana os profesores de Inglés, Relixión, así como un orientador e un pedagogo.

 

 

 

Ao seren poucos nenos a ensinanza e máis individual dependendo das necesidades de cada escolar.

 

Os pais, nais, avós… tamén participan en moitas das actividades que realiza a escola, como obradoiros e excursións.

 

Esta escola é a única da comarca que mantén o horario de Xornada  Partida de 10.00 a 13.30 horas e de 15.30 a 17.00 horas, sen ter a necesidade de que os nenos madruguen como se foran adultos que van ao traballo.

 

Por último se alguén quere coñecer a escola pode facelo calquera día da semana no horario escolar.

 

O prazo de matrícula esta aberto ata o 6 de abril

 

n e coñece a escola co teu fillo e quedara abraiado, non tes ningún tipo de compromiso.

 

Mas Información teléfono: 986 62 70 15

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Naufraxio dun barco na desembocadura do Miño

  

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

Índice reportaxes 2009

 

Reportaxes dos lectores

 

Novas/avisos/outras

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com