25/04/2016

     

 

 

 

Camiño Portugués da Costa, 4ª etapa

  

Preto de 130 peregrinos completaron a 4ª etapa do Camiño Portugués da Costa

            Con saída da Sangriña e de Os Pedragales, dous autobuses con peregrinos da Guarda e Camiña fixeron a 4ª etapa do Camiño Portugués da Costa o 23 de abril, desde Pontevedra a Caldas de Reis, con visita as cataratas de Barosa, no concello de Portas, onde tivo a parada para xantar, e regreso a igrexa de San Mamede de Porta, para continuar ata Caldas de Reis.

            Foron aproximadamente 22 km nunha xornada de boa temperatura e un bo día, agás antes de chegar a Caldas de Reis onde un “aguaceiro” fixo buscar refuxio aos camiñantes xa empapados. Aínda así non decaeu a ilusión e o optimismo para rematar unha etapa máis na que non só se camiña, senón que tamén se afianzan as relacións entre os veciños de ámbolos dous municipios, nunha iniciativa na que, á vez que se fai o Camiño,o concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha promoven o Esteiro do Miño como Paisaxe Cultural da Unesco.

            A seguinte cita será o 7 de maio, entre Caldas de Reis e A Escravitude.

 

 

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Desencravo na Semana Santa

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2015

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com