17/09/12

     

    

Andaina pola Ruta das Almiñas en Pontecaldelas

  

Case un centenar de sendeiristas guardeses percorreron a Ruta das Almiñas e do Foxo do Lobo en Pontecaldelas

 

(Para ver a reportaxe de Antonio Lomba, premer aquí)

 

            Preto dun centenar de participantes percorreron a Ruta das Almiñas e do Foxo do Lobo, en Pontecaldelas, na sexta andaina organizada polo departamento de Patrimonio, que dirixe Javier Crespo, e que tivo lugar o sábado, 15 de setembro.

            Nunha xornada na que foi tamén protagonista a calor con temperaturas que superaban ou rondaban os 30 graos, os camiñantes saíron ás 08.30 da mañá, desde o aparcamento da Sangriña, en dous autobuses cara a Pontecaldelas.

            A sombra dos carballos debuxábase nas corredoiras nas que os sendeiristas debuxaban as súas pegadas;  as visitas a igrexas como a de San Xoán, e de cruceiros como o do Pé da Herba, ás almiñas, como a de San Antonio, a presa no río Verdugo, e mesmo cruzar polos pontóns, son elementos destacados do patrimonio polo que discorre o PR-G112, un itinerario agradecido a quen decida visitalo e onde a natureza se conxuga harmoniosamente cos fitos humanizados.

 

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

Igrexa de Caritel

 

Reportaxe de Antonio Lomba

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Festas da Guía

na tarde

do domingo

 

Outras reportaxes

 

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com