03/10/2014

     

    

Día da Policía en Tui

   por Beti Rey

 

Sete policías foron condecorados co gallo do Día da Policía en Tui

O salón de sesións da Casa do Concello de Tui acolleu o 2 de outubro a entrega de condecoracións a policías nacionais co gallo do Día da Policía que hoxe se celebra.

O acto estivo presidido polo xefe da unidade de estranxeiría e documentación  do Corpo Nacional de Policía, Francisco Julio Cruz Martínez, polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, xunto ao comandante naval do Miño, o xefe da primeira compañía da Garda Civil e o xefe da Policía Municipal.

Por unha banda  foi entregado o recoñecemento á carreira profesional ao policía José Gutiérrez García. Amais recibiron a condecoración á dedicación ao Servizo Policía os policías Aurelio Francisco Aguilar, Saturnino Méndez Lago e Jesús Núñez Vaqueiro, e os policías en segunda actividade Manuel Pereira Rodríguez e Alfonso Chaves Álvarez.  Por último o inspector xefe Manuel Rey Rey recibiu a condecoración policía de ingreso na orde do Mérito Policial con distintivo branco.

O xefe da unidade de estranxeiría e documentación  do Corpo Nacional de Policía, Francisco Julio Cruz Martínez, sinalou no acto que o nexo común de todos os condecorados é “unha traxectoria profesional transparente e limpa”. Falou do traballo realizado polo corpo ao longo do último ano sinalando que “rompemos todas as estatísticas” pedía os policías “un esforzo máis grande para que sirvamos de exemplo polo noso esforzo, honestidade e profesionalidades”.

Por último o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, sinalou que neste mes de outubro se inician na cidade unha serie de actos coma a celebración do Día da Policía, o domingo a xura de bandeira, e o 12 de outubro o Día da Garda Civil.  O rexedor tudense felicitou aos condecorados polo recoñecemento recibido. E aproveitou tamén Moisés Rodríguez, para salientar a importancia e necesidade da “cooperación transfronteiriza no ámbito policial”, que da coma froitos que a comarca sexa tranquila.

Posteriormente celebrouse unha misa solemne na Catedral de Tui.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Espada en Tapas: presentación

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com