09/12/2013

     

    

Pleno Infantil

 Os escolares foron durante a mañá do 5 de decembro os corporativos da Guarda

 

 

            Con motivo do Día da Constitución, celebrouse no concello da Guarda o xa tradicional Pleno Infantil, sendo os corporativos, nesta ocasión, alumnos de 6º curso de Primaria dos colexios A Sangriña, PP. Somascos, Rodríguez Sinde, Solanas e alumnos do Centro San Xerome. Tamén o público estivo constituído por escolares dos mencionados centros educativos e profesores.

            Entre os temas que se discutiron hai que destacar a necesidade dunha maior limpeza da Guarda, entre estas os grafitis e os excrementos de cans; unha maior preocupación polos parques infantís; o turismo abrindo oficinas de información, e valorar o Monte Santa Trega. Tamén se sinalou que hai que coidar o mobiliario urbano, e apuntouse a necesidade dunha maior vixilancia para evitar os actos de vandalismo.

            Entre o público presente, atopábase a concelleira de Facenda, Montserrat Magallanes, en representación do alcalde que á mesma hora tiña outros compromisos.

  

Outra forma de ver a reportaxe; premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Inauguración do Parque Castelo de Santa Cruz

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com