14/03/2013

     

    

Inauguración de Play-Doc

Reportaxe: Beti Rey

 

O noveno Play-Doc xa está en marcha

Máis de trescentas persoas asistiron onte á noite á inauguración da novena edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. A inauguración correu a cargo do conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, xunto ao alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e os directores do festival Sara García e Ángel Sánchez.

Sara García na súa intervención aludía a que non se trata só de resistir senón que hai que seguir crecendo, en referencia ao futuro do festival. Pese as difíciles condicións actuais explica que  Play-Doc 2013 ten unha programación pequeno pero marabillosa. Aludía amais as liñas mestras da obra de Albert Maysles, que conxungan á perfección coas do festival tudense.

Ángel Sánchez pola súa parte manifestaba que “cada ano Play-Doc é un acto de supervivencia e resistencia cultural”. Pero tamén, dicía, “a constatación de que é posible apostar pola cultura alternativa” salientando o feito de que ata Tui veñan destacadas figuras internacionais do documental. E incidía en que isto non é posible facelo solos “fai falta dar un paso adiante e ser valentes” indicando que “temos as ideas e capacidade”. Tiña palabras de agradecemento para os colaboradores do festival que fan un traballo profesional, e tamén para público pola súa asistencia indican que “dende este momento o festival é voso”.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destacou na súa intervención que non é fácil chegar a esta novena edición, engadindo que “co traballo arreo se logra que  este teatro se volva encher”.  Salientaba por outra parte o rexedor tudense que Play-Doc non é so un festival de documentais, aludindo as actividades paralelas que se celebran, e destacaba que “é o evento cultural máis importante de Tui e da comarca”. Remataba amosando o seu agradecemento  a Sara García e Ángel Sánchez “por facer que Play-Doc siga un ano máis”.

O conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, manifestou que “a calidade do contido fan de Play-Doc un referente”. Afirmou que “o festival favorece o acceso á cultura por parte da cidadanía e transforma a Tui no centro das tendencias audiovisuais”. Rematou indicando que a súa presenza no acto inaugural era para “darlle apoio e especialmente forza e ilusión” aos organizadores.

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Feira de

San Gregorio

en Pías (O Rosal)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com