24/12/2013

     

    

Concerto de Panxoliñas

   

 A igrexa parroquial de Santa María da Guarda acolleu o domingo, 22 de decembro, o tradicional Concerto de Panxoliñas, organizado pola Agrupación Coral Polifónica que contou, ademais de coa coral anfitriona, co Coro Infantil do Colexio dos PP. Somascos, dirixido por Marisilda Sánchea Lomba, o Coro Catábile, baixo a dirección de Lucía Alonso, e o Grupo Antorcha, dirixido por Mª José Baz.

Presentou o párroco da Guarda, Jesús García Villadóniga. Houbo un recordo á coral da Terceira Idade, habitual neste concerto, e que este ano non puido acudir. A Agrupación Coral Polifónica da Guarda entregou a cada formación bombóns, e o concello, a través do concelleiro de Cultura, fixo entrega dunha praca como recordo deste acto que congregou a preto de 200 persoas na igrexa da Asunción de Santa María.

      

Outra forma de ver a reportaxe; premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

O Gordo da Lotería de Nadal tamén no Rosal

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com