05/01/2013

     

    

Os Reis Magos na Residencia Monte Tecla

 

 

            As súas Majestades, os Reis Magos de Oriente, adiantaron ao 4 de xaneiro a súa chegada á Guarda onde foron recibidos na Casa dos Alonso polo alcalde da localidade, José Manuel Domínguez Freitas, e as concelleiras Montserrat Magallanes, Teresa Baz e Carmen María Castro.

            Tras departir coas autoridades, os Magos solicitaron realizar a primeira visita na vila da Guarda á Residencia Monte Trega, onde os esperaba unha charanga local e foron cumplimentados pola dirección do centro pasando ao salón de actos entre os aplausos dos residentes que disfrutaron coa presencia das Súas Maxestades e os sons da charanga, formada por músicos da Agrupación Musical da Guarda.

            A animación musical, xunto co bo facer das Súas Maxestades converteu a tarde na Residencia nunha xornada festiva con baile incluido.

            Antes de abandoar o recinto, os Reis entregaron uns obsequios aos residentes sendo despedidos co mesmo cariño e ilusión coa que entraron: co sorriso e o animado aplauso dos maiores da Residencia Monte Tecla cuxa dirección convidou aos visitantes e músicos a unha mereenda.

            Entre os presentes atopábanse tamén algúns nenos que recibiron, con sorpresa e admiración, a visita das Súas Majestades ás que saudaron e prometeron portarse ben para recibir os seus agasallos na noite máxica do 6 de xaneiro.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Armario

de la Tita,

en Tui

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com