12/10/2013

     

    

Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros

Reportaxe: Juan R. Martínez Barbosa

  

Os trofeos aos mellores xogadores de futbolín do Baixo Miño entréganse hoxe sábado na XXVI Festa do Cabaqueiro

 

            Trala celebración no Salón de Exposicións do Rosal da 5ª edición do Campionato de Futbolín na honra dos Cabaqueiros, os 20 mellores xogadores da comarca deste xogo tradicional (modalidade “parado”) disputaron a coñecida como “Champions de Futbolín do Baixo Miño”, resultando gañador, o equipo Yedie, formado por Sergio Casal Fernández “Yeya” e Diego Álvarez Fernández.

            Destacar que este é o terceiro título de “Cabaqueiros” para Yeya (2009, 2012, 2013) e o segundo para Diego (2010, 2013).

            Os subcampións foron Os Batíns, equipo formado por Ángel Martínez Diego e Braulio Álvarez González “Galis” (gañador en 2011).

            Pola súa banda, o terceiro posto foi para Os da Jalleira, Carlos Álvarez Antúnez “Sevi” e Daniel Rodríguez Martínez “Dani” (Campións de España de Movemento F-2 en 2010), tras gañar a final de consolación ao equipo Repescaos, integrado por Diego Martínez Alonso (vencedor do Cabaqueiros en 2010) e Gustavo Jurado Fernández.

            Hoxe, sábado, 12 de outubro ás 16:30 horas, na Praza do Calvario do Rosal, terá lugar a entrega de trofeos deste V Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros 2013 e coñecerase o gañador do “Catiña de Ouro”, premio que se instaura este ano e que distinguirá ao mellor xogador do Campionato, elixido polos propios participantes (tamén haberá “Catiña de Prata” para o segundo e “Catiña de Bronce” para o terceiro mellor xogador).

            A Organización do evento agradece a inestimable colaboración dende 2009 do Concello do Rosal, así como das diferentes institucións, empresas e mesmo particulares que axudan a que se poida levar a cabo cada ano este xa clásico torneo de futbolín para a xuventude baixomiñota.

            A partir do 12 de outubro comeza a tempada de futbolín 2013/14, onde Yeya e Diego disfrutarán durante todo o ano do seu título (como campións, teñen invitación para todos os torneos que se organicen), ata a vindeira XXVII Festa do Cabaqueiro.

 

Clasificación final

V Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. O Rosal 2013

 

1º: Yedie (Diego Álvarez Fernández e Sergio Casal Fernández “Yeya”)

2º: Os Batíns (Ángel Martínez Diego e Braulio Álvarez González “Galis”)

3º: Os da Jalleira (Carlos Álvarez Antúnez “Sevi” e Daniel Rodríguez Martínez)

4º: Repescaos (Gustavo Jurado Fernández e Diego Martínez Alonso)

5º: Juanfronyllo Team (Sergio Diego Fernández  “Frony” e Juan R. Martínez)

6º: Al Cuadrado (Jorge Silva Álvarez “Yors” e Sergio Fernández González “29”)

7º: Os Amigos (Antonio Lomba Rodríguez “Xián” e José Martínez Fernández)

8º: Mother Talking (Jorge Díaz Rocha “Tuka” e Andrés Martínez Rocha “Pipu”)

9º: Gaaas 4 (Luis Martínez Pereira e Sergio Rodríguez Rodríguez “Trinta”)

10º: Licor-K (Ruth Mª Martínez e Gerardo González Gómez “Gera”)

 

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Romería de Santa Trega na Guarda o 23 de setembro

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com