06/05/2013

     

    

Andaina á Illa de Ons

 

A Illa de Ons cumpriu as espectativas dos sendeiristas participantes nas Andainas 2013 do Concello da Guarda

 

Uns 115 sendeiristas participaron o sábado, 4 de maio, na cuarta das andainas organizadas polo concello da Guarda, a través da Concellaría de Deportes, do ano 2013. Nesta ocasión o destino foi a Illa de Ons, trasladándose os excursionistas ata Bueu en dou autobuses.

Un barco achegou aos participantes ata o peirao de Ons nunha viaxe que alguén cualificou coma “minicruceiro”, que foi da satisfacción de todos.

Xa na illa, onde esperaba o guía, Miguel, e cunha climatoloxía propia do verán, comezou o primeiro dos dous percorridos que, coas explicacións do guía, levou aos camiñantes ao longo de seis quilómetros e medio ata distintos puntos de interese, entre eles o Burato do Inferno.

O azul do mar e o ceo contrastaba cos verdes do monte no que tamén sobresaían os toxais florecidos, pintando de amarelo amplas extensións.

Tralo xantar, e mentres se agardaba a iniciar o segundo percorrido, os areais reclamaron algunhas presenzas, Houbo tempo para estirarse sobre a area e mollar tamén os pés. A auga estaba fría.

Ás 15.30 horas, e guiados por Miguel, comezouse o segundo percorrido que achegou aos sendeiristas ata o Faro. Ás cinco e media abandonouse a illa no mesmo barco e xa no peirao de Bueu, emprendeuse o camiño de regreso á Guarda.

 

Outra forma de ver as reportaxes: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Ermelindo Portela tratou do Culto Cristiá no Santa Trega

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com