31/10/ 2016

     

 

 

 

Camiño de Fisterra

Olveiroa-Cee

 

 (premer na foto)

 

Guardeses e caminhenses completaron o 29 de outubro a cuarta etapa do Camiño a Fisterra entre Olveiroa e Cee, dentro das andainas organizadas conxuntamente polo Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha, coa participación de más dun cento de camiñantes.

Nun día excepcional de temperaturas, elevadas para a época na que andamos chegando aos 25º, o percorrido duns 23 km, realizouse seguindo as frechas do itinerario que vai de Santiago a Fisterra.

Houbo incluso tempo para achegarse á fervenza do Ézaro, todo un espectáculo que agradeceron os participantes que contemplaron o único río de Europa que desemboca no mar como fervenza.

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Exfimiño 2016.

Inauguración

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2015

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com