14/03/2016

     

 

 

 

2ª etapa do Camiño Portugués pola Costa

  

A peregrinación por etapas de caminhenses e guardeses percorreron Oia, Baiona e Nigrán ata Vigo na segunda etapa do Camiño Portugués pola Costa

 

Máis dun cento de participantes de Caminha e A Guarda percorreron o sábado, 12 de marzo, a 2ª etapa do Camiño de Santiago, nunha iniciativa organizada polo concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha. Foron pouco máis de 28 km, entre Mougás (Oia) e a igrexa de Coruxo, no termo municipal de Vigo, con parada na contorna da colexiata de Baiona para xantar e selar a credencial, estampando o selo Manuel Salcidos, guardés e párroco da Colexiata baionesa. En Nigrán, concretamente no Pazo das Pías, o alcalde da localidade, Juan González, recibiu aos peregrinos encabezados polo alcalde Antonio Lomba e o concelleiro Javier Crespo, e mostrou algunhas das peculiaridades do albergue de Peregrinos das Damas Apostólicas, como o que considerou o “primeiro exemplo de especulación urbanística de Galicia: un canizo de século XVIII con dous andares”, quizais caso único nesta comunidade.

Juan González acompañou aos peregrinos polo término municipal de Nigrán comentando algunhas das características históricas, etnográficas ou curiosas do itinerario, que sorprenderon aos camiñantes.

Día luminoso, temperatura primaveral, paisaxes excepcionais e horizontes azuis, foron algunhas das características desta xornada do Camiño a Santiago por etapas, como parte dos actos que as institucións locais de Caminha e A Guarda levan a cabo para promover o Esteiro do Miño como Paisaxe Cultural da Unesco.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Anne Chantal no Camiño Portugués da Costa

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2015

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com