|
|
Naufraxio na desembocadura do Miño
O naufraxio dunha
pequena embarcación no Miño leva o loito a Caminha
Reportaxe.
Agustín Ferreira Lorenzo

O helicóptero portugués
sobrevoa a praia do Muíño
Acontecía na
madrugada de onte, mércores, cando un pesqueiro da veciña localidade de
Caminha, o Virmar, cruzaba a barra da desembocadura do Miño para ir á pesca
do polbo e da faneca. A barra é unha zona que en certas condicións resulta
particularmente perigosa. O barco levaba cinco tripulantes a bordo, con
idades comprendidas entre os 30 e os 50 anos, con experiencia no mar, e
veciños de Caminha, Moledo e Vilarello, estas últimas fegresías de Caminha,.
Dous deles conseguiron salvarse por un pesqueiro que os atopou nas
proximidades das pedras das Oliveiras. Estaba agarrados a unha bolla e foron
recollidos pola tripulación do pesqueiro que os trasladou inmediatamente a
terra, e trasladados ao hospital de Viana con síntomas de hipotermia e en
estado de forte shoc. Os outros mariñeiros desapareceran nas augas,
atopándose o corpo dun deles na praia de Moledo. O naufraxio ocorreu arredor
das 4.30 horas e a alerta foi dada entre as 5.30 e 6.00 horas. Dende as
sete, dous helicópteros, un da forza aérea portuguesa e outro do servizo de
gardacostas do Pesca I, Galicia, sobrevoaron o río, centrándose os esforzos
maiormente na zona en torno á illa da Insua, lugar do sinistro.
A iso das dez horas,
sumouse ao dispositivo un novo helicóptero portugués. Mentras tanto, no mar,
fronte a Insua, achábanse barcos de salvamento; no río mergulladores dos
bombeiros de Caminha e lanchas da mariña portuguesa e española rastrexaban
as augas. Nestas faenas tamén participaron pesqueiros de Caminha. Por terra
dispúxose dun dispositivo de búsqueda, entre os que se atopaba, na marxe
galega, o servizo de emerxencias da Guarda.

Helicóptero portugués
na operación de rastrexo

O helicóptero do servizo
de gardacostas galego, sobre a Insua, lugar do naufraxio, mentres que unha
zodiac permanece na praia desta illa con persoal atento ao que puidese
acontecer

O helicóptero do servizo
de gardacostas, Pesca I, da Xunta de Galicia que participou nas tarefas de
rescate

Por aire os helicópteros,
e no río pesqueiros, compañeiros dos desaparecidos, na procura de localizarlos


Dous dos pesqueiros
portugueses que participaron na búsqueda

Dispositivos do Concello
da Guarda seguiron os labores de rescate

Zodiacs da mariña lusa e
española percorreron unha e outra vez as augas da desembocadura na procura
de algunha esperanza. |
|
Problemática de la Senda Litoral en Avda. Fernández
Albor
Índice reportaxes 2010
Índice
reportaxes 2009
Reportaxes dos lectores
Se desexa incluír unha
reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un
correo a:
galiciasuroeste(arroba)gmail
(punto)com |
|