03/06/ 2017

     

 

 

 

Homenaxe a Laureano Matos Barcia, "Nani"

por Victoriano da Ghoreña

 

A Agrupación Cultural Guardesa homenaxea a "Nani" Matos

A Agrupación Cultural Guardesa rematou os actos programados co gallo do Día das Letras Galegas, homenaxeando ao camposino Nani Matos, guionista, actor e director cinematográfico.

Como actor episódico, participou en spots publicitarios e distintas curtametraxes, protagonizando “Esperanza para vivir”, “A guerra dos grelos”, “Reflexos” e “Que me escribas”, entre outras.

Dirixiu as curtametraxes “Dies dei”, “Flores para Amalia” y “Lurna”, das que tamén é guionista, e que recibieron importantes premios nacionais e internacionais.

No acto da homenaxe, participou a presidenta da Agrupación Cultural Guar5desa, Julia Sobrino, quem lembrou a marcha de Nani, por motivos laborais, fóra da Guarda, par remataar a sú intervención cunha agarimosa benvida: “hoxe vemos como regresas ao teu punto de partida con esta homenaxe que a Agrupación Cultural Guardesa e toda a xente que te queremos te ofrecemos”.

De Nani Matos falou Luis Iglesia Besteiro quen salientou o labor cultural deste guardés, nado en Camposancos.

Como ven sendo tradicional, a A.C.G. entregou un libro aos asistentes coa biografía de Laureano Matos Barcia, “Nani”. Participaron neste acto de homenaxe o Grupo de Pandeiretas de la A.C.G., dirixida por Berta Castro; o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz, e o cantautor guardés Tino Baz.

 

(Para ver fotos, premer na imaxe)

 

           

 

 

Reportaxe anterior

 

Recibimento do Mecalia Atlético Guardés

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2016

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com