10/06/ 2017

     

 

 

 

Inauguración do monolito centenario MASAT

  

Inauguración do monolito do Centenario do MASAT

(Para ver fotos, premer na imaxe)

 

 

O sábado, 10 de xuño, a Casa dos Alonsos acolleu a conferencia de Joaquín Miguel Villa Álvarez, presentado polo concelleiro de Patirmonio, Javier Crespo, co gallo da inauguración do monolito conmemorativo do Centenario do Museo Arqueolóxico de Santa Trega (MASAT).

Javier Crespo lembrou, sobre todo, a traxectoria bibliográfica do conferenciante, con distintas publicacións que son de obrigada consulta para quen desexe coñecer a historia deste pobo. Entre esas publicacións destaca a trilogía sobre a Sociedade Pro Monte de Santa Trega, na que está inmersa a historia máis recente da vila da Guarda.

Para Joaquín Miguel Villa, a Sociedade Pro Monte foi fundamental na vida arqueolóxica, ambiental, relixiosa e cultural da Guarda, pois ó longo de 70 anos engrandeceron a este pobo e sentaron as bases e promoveron o turismo e o coñecemento do monte, entre outros aspectos que lembrou o conferenciante, quen deu 12 razóns, para que a Pro Monte merecese un recoñecemento: a repoboación forestal do Trega; a apertura da estrada de acceso ó Monte; a creación da rede de atallos; a irbanización do cumio do monte; ampliación do patrimonio relixioso co novo Via Cruces; promoveron a corrente turística con alcance internacional; crearon a Festa do Monte; promoveron a primeira biblioteca pública coa “Biblioteca Circulante”; xestionaron a construcción do Hospital Casa-Asilo; converteron ó Trega nun referente arqueolóxico; realizaron as primeiras divulgacións arqueolóxicas sendo a do Monte das primeiras estacións arqueolóxicas coñecidas, e crearon o Museo arqueolóxico.

De cada un destes fitos, Villa Álvarez deu as correspondentes pinceladas con datos e nomes dos principais protagonistas.

E rematou cun reto: “hay que desenterrar Abóbriga”, nome co que o historiador Domínguez Fontela divulgou “a cidade” do monte Santa Trega.

No exterior, da Casa dos Alonsos, e previo aos distintos discursos de inauguración do monolito por parte da concelleira e deputada Montse Magallanes; de Antonio Martínez, depositario do legado da Sociedade Pro Monte, e do alcalde, Antonio Lomba, a violenchelista Lucía Vicente Martínez deu un pequeno recital concluíndo tamén cos acordes do violonchelo, os actos de inauguración do Monolito do Centenario do Masat.

Motserrat Magallanes, na dobre condición de deputada e concelleira, manifestou a súa ledicia por poder participar neste acto representando á Deputación de Pontecedra, institución que, a través da Escola de Canteiros, ofreceu á Guarda un fito que recordará o centenario.

Antonio Martínez, que entregou unha reproducción dun traballo sobre as moedas de Santa Trega, da autoría de Domínguez Fontela, ao alcalde, manifestou sentirse orgulloso de este recoñecemento do concello polo labor da Pro Monte, pero tamén pola sensibilidade do alcalde, Antonio Lomba, e do concelleiro, Javier Crespo, que están a traballar para que o traballo da centenaria sociedade non se esqueza e non se estrague.

Neste sentido, Antonio Lomba adiantou que desde a concellería de Patrimonio, dirixida por Javier Crespo, con Antonio Martínez e Joaquín Miguel Villa, estase a traballar para que A Guarda conte cun Arquico Histórico que estará ubicado na actual Casa do Concello, e onde quedarán depositados os fondos da Sociedade Por Monte, cando os servicios municipais pasen a ocupar a Casa dos Alonsos.

 

           

 

 

Reportaxe anterior

 

Xantar de SOS Tomiño-Baixo Miño

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2016

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com