29/07/ 2010

     

    

II Mostra das Tradicións Mariñeiras

seguinte

 

O porto da Guarda converteuse a pasada fin de semana nunha fiestra aberta á actividade relacionada co mar

A Guarda clausurou, con anunciado éxito, a II Mostra das Tradicións Mariñeiras, unha iniciativa que se na primeira edición contou co aplauso do público, nesta ocasión a eses mesmos aplausos hai que engadir as opinións favorables vertidas por centos de visitantes que, malia á fin de semana calorosa que invitaba a pasarse pola praia, se achegaron a esta proposta organizada desde o concello coa colaboración da Asociación de Redeiras Atalaia, e o apoio de diversos colectivos en particulares que coas súas respectivas aportacións fixeron posible esta II Mostra.

            Unha mostra na que houbo posibilidades para todas as idades e gustos: exposicións de aparellos e útiles mariñeiros, algúns desaparecidos como a pía da casca; de fotografías antigas, que deu orixe a polémicas sobre en que lugar se conseguira a instantánea ou quen eran os fotografados; de pintura, de Gemma Marques; de maquetas de embarcacións, moitas delas realizadas por autodidactas guardeses. Ao  lado das exposicións, un cesteiro e un alfareiro realizaron as súas pezas artesanais dando nalgún caso a posibilidade de participar nestas prácticas, e nas que, por exemplo, o Club da Terceira Idade facilitou aos cativos, e menos cativos, a elaboracións de pequenas cestas de mimbre que se levaron como recordo, ou a confección de nós mariñeiros ou elaboración de bordados e outras alternativas.

            No stand de Anabam, pequenos e maiores xogaron coa pesca acolóxica, que significiou todo un éxito, pero tamén tentaron descubrir os animais a través das súas pegadas. No paseo da Robaleira, espuxéronse embarcacións tradicionais, quie reclamaron a atención de mariñeiros e non marineiros, que suscitaron nos primeiros moitos recordos. Na carpa, ademais se confeccionaron cordas, por cordeiros profesionais, unha actividade desaparecida xa nesta localidade.

            Houbo outras alternativas de lecer: actividades náuticas co Club Alagua, o tren turístico, un mercado de libros usados e a Taberna Mariñeira, só por citar algunhas das propostas nunha xornada moi ampla en contidos.

            A clausura desta xornada foi todo un acontecemento protagonizado polas corais Agrupación Coral Polifónica da Guarda e a Coral de Ruada, de Ourense, que non contaba nesta localidade desde o ano 1957. A música foi tamén protagonista o sábado cun serán no que participaron distintos grupos (Gaitas da Terceira Idade, Caramuxiñas, Os Petóns, Boalleira, Caraina, Airiños do Folón, distintas seccións da asociación Vento Mareiro, Os Pelouros, Na Revolta, Tambaluca, Xamaraina e Coiro Vello) e que ao seu remate, con queimada incluída, se converteu nun acto popular que se prolongou ata case as catro da mañá.

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

seguinte

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última reportaxe

 

Regata Traíñas Concello

da Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com