04/11/12

     

    

Gabriel Marcelli Carballido, campión de España de trial

Reportaxe: Juan R. Martínez Barbosa

 

O rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido proclámase en Madrid Campión de España xuvenil de trial en 125 cc

            O piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido, acompañado do seu pai, foi recibido recentemente no Concello do Rosal polo alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela e o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz, tras proclamarse en Valdemanco (Madrid), Campión de España de Trial en 125 cc, categoría xuvenil.

            Gabriel Marcelli, con tan só 12 anos (A Lomba, 2000), é un deportista polifacético, pois xa dende moi novo destacou no atletismo en varias modalidades, converténdose por exemplo en Campión Galego de Triatlón en pista cuberta (2008-2009) ou Subcampión Galego de Triatlón na temporada seguinte (2009-2010).

            Xa no motociclismo e en concreto na disciplina de “trial”, conseguiu hai dous anos (2010) a Medalla de Bronce no Campionato Galego, categoría cadete e proclamarse Campión Xuvenil e Campión Cadete Galego de Trial en 2011.

            Este ano 2012, como dixemos, vén de gañar a Clasificación Xeral final do Campionato de España de Trial en 125 cc, categoría xuvenil, en Valdemanco (Madrid. Igualmente, a falta da última proba en Aldán (Cangas), o vindeiro 28 de novembro, pode tamén converterse en Campión Galego, categoría junior, se queda alomenos no terceiro posto.

            Gabriel, pois, xunto co seu pai, José María, ofreceron durante a recepción no Concello, a Copa conseguida en Madrid e foron felicitados polo Alcalde e o concelleiro de Deportes, en nome de todos os rosaleiros/as, sendo agasallado Gabriel coa nova metopa-escudo da vila.

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Clausura do Curso de Cociña en Camposancos

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com