07/01/14

     

    

Mar da Guarda

  

  

 

O "mares" da Guarda foron protanistas das imaxe durante os primeiros días do ano 2014. que motivou, sobre todo na xornada do luns, 6 de xaneiro, que centos de persoas se achegasen  a zonas como o porto, o paseo marítimo ou as praias. Tamén desde as alturas como os miradores das Loucenzas, San Caetano ou o Pirún congregaron a moitos curiosos, portando moitos deles cámaras fotográficas, ou recurrindo aos móviles, para recoller imaxes dun mar que facía anos que no se manifestaba coa forza do luns, 6 de xaneiro.

Membros da Garda Civil, obrigaron aos máis atrevidos a distanciarse da posible influencia das ondas que, no paseo da Robaleira, chegaron nalgún momento a bater contra o primeiro andar dunha das vivendas do inicio do paseo, onde tamén se estragaron tres bancos de pedra e mobiliario do parque infantil, entre outros desperfectos.

No porto, preto da rotonda, a escuma, anegou toda a contorna do monumento ó Mariñeiro, e algúns coches víronse afectados, cando non cubertos, pola mesma.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Concerto "Ecos de Nadal" na Rosal

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com