18/03/2013

     

    

Por un mar con futuro

Case medio centenar de voluntarios participaron na limpeza das Orelludas, en Oia

 

Anabam levou a cabo a primeira das 16 actuacións previstas na costa para este ano no amplo programa Team-Minho baixo o lema “os tres erres do mar: recupera, reutiliza e recicla”, coordinado polo vicepresidente de Anabam, Manuel Ángel Pombal, responsable das actividades de divulgación ambiental deste proxecto, no que, entre outras institucións, participa a Universidade de Vigo. A primeira acctividade centrouse en Punta Orelluda, en Santa María de Oia, que neste caso tamén se quixo incluir na campaña  “Por un mar de futuro”, das “Iniciativas oceánicas 2013”, que contan coa colaboración da Surfrider Foundation Europe,

Unhas 40 persoas, desde nenos ata xubilados, e desafiando as previsións meteorolóxicas, comezaron ás dez e media da mañá do sábado (16/03/2013) a recoller toda clase de refugallos que tiramos ao mar ou deixamos nos rochedos. Clasificados en sacos, retiráronse da contorna plásticos, cordas, polispan, vidros e latas. Os tapóns foron a  outro contenedor, para destinalos ao Banco de Tapóns creado en Tomiño. Para aproveitar o tempo sen chuvia, deixáronse a benvida e as explicacións para o remate da actividade, desplazándose os participantes, ao concluír esta actuación, ao Centro Cultural de Pedornes, cedido pola súa directiva, para acoller ao colectivo de limpeza.

Os participantes recuperaron forzas cun bocadillo, unha peza de froita e unha botella de auga. Recibiron un agasallo de Anabam e unha camiseta con distintos logos, entre eles o de Team-Minho, aproveitando este momento para explicar Manuel Ángel Pombal os obxectivos que persiguen actuacións como estas, pero tamén dando a coñecer as actividades de Anabam e o proxecto Team-Minho.

Con esta iniciativas se retiran obxectos altamente contaminantes; se recuperan útiles reutilizables, como boias e cordas, e se evita que os animais mariños confundan determinados obxectos con alimentos, como ten ocorrido, por ejemplo, cos golfiños que chegan a confundir os plásticos con alimento ocasionándolle a súa inxestión a morte por obstrución.

Pola súa banda Juan Pablo Pérez Gómez Gómez, cun profundo coñecemento sobre a contaminación e que traballou no CETMAR, explicou a necesidade de reciclar, de reutilizar (por exemplo as bolsas plásticas, sen esperar a que nos dean outras cando facemos as compras), e consumir produtos co menor número de envoltorios, para minimizar o noso impacto sobre o medio ambiente. Referiuse ao grande número de botellas plásticas recollidas nas Orelludas, por tratarse dun recipiente económico que de inmediato esbotamos, provocando un importante impacto medioambiental e no entorno. Un 50 por cento dos residuos que van parar ó mar son plásticos, e algúns precisarán ata 1.000 anos para desfacerse.

Anabam, facéndose eco do lema da Surfrider Foundation Europe, anima a “reducir a nosa pegada de plástico sobre o planeta”.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Plantación

Árbores

na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com