07/02/2013

     

    

Peche dos afectados polas preferentes

Reportaxe: Beti Rey

 

Manitas Monster do CEIP nº1 Tui recibiu  o certificado de cooperativa escolar

A cooperativa escolare Manitas Monster do CEIP nº1 de Tui recibiu onte o certificado como cooperativa escolare. Forman parte neste curso académico 2012-2013, do proxecto educativo “Emprender na miña escola  EME – COOPERANOVA”, da Deputación  que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

No CEIP nº2 de Tui o acto de entrega do certificado á cooperativa Manitas Monster, celebrouse na aula de 6º de Primaria cos 24 alumnos-cooperativistas. Acudiron amais da profesora do curso, a directora do centro, o deputado provincial  Pablo Baquero, a concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez, e o técnico Deputación Provincial Miguel Panette.

O presidente da cooperativa Ángel Giraldez foi o encargado de explicar a súa formación e os seus obxectivo entre os que destacou traballar democráticamente e realizar manualidades. Partiron cun capital inicial composto por 2€ aportado por cada alumnos ao que sumaron a contribución dunha serie de patrocinadores. Decidiron que o 10% dos seus beneficios serán destinados á Protectora de Animais.  Os produtos que fabrican son basicamente cinco: broches, figuras, diademas, pinzas e plantas.                

Os seus compañeiros nos cargos de secretario e tesoureiro explicaron outros pormenores do traballo realizado ata o de agora, o contido do seu blog, e a súa presenza no mercado de Nadal celebrado no claustro da Catedral.

O deputado Pablo Baquero, felicitounos polo traballo realizado ata o de agora, agradecendo a súa implicación neste proxecto. Mentres o técnico provincial Miguel Panette sinalou que o proxecto continuará ata maio cando, tras obter o correspondente permiso municipal, montarán un posto no mercado dos xoves.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Reportaxe do Desfile de Reis na Guarda, por MILO BAZ

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com