31/07/12

     

    

Mandora, tenda de música na Guarda

   

Abriu na Rúa Galicia, número 10, Mandora, un establecemento de música na Guarda

 

            Desde o sábado, 28 de xullo, data na que abriu as súas portas, A Guarda, e a comarca do Baixo Miño, dispoñen dunha tenda especializada en instrumentos musicais, vestimentas e complementos relacionados coa música.

            Na Rúa Galicia, nº 10, esquina coa rúa Pacífico Rodríguez, atópase Mandora, establecemento rexido por Miguel Rodríguez Cadilla, home vinculado á cultura guardesa e, particularmente á música, formando parte do grupo Folk Na Revolta, e colaborador de Xamaraina.

            En Mandora pódense mercar desde bombos, caixas e gaitas, para as Festas do Monte, ata instrumentos (guitarras, percusión, etc,) para o Conservatorio, bandas e grupos de música. Complementos, traxes e teas, abalorios, amplificacións e, en xeral todo aquilo relacionado coa música atopará sen dúbida unha resposta en Mandora.

            Pode visitar sen compromiso este establecemento coa seguridade de que será recibido cun sorriso e exquisita atención.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mandora

Rúa Galicia, 10

A Guarda

(Pontecedra)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Exhibición

Aérea en Vigo, por MILO BAZ

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com