07/01/2013

     

    

Desfile de Reis na Guarda

(Esta reportaxe consta de tres partes que figuran abaixo)

 

As Súas Maxestadas de Oriente cumpriron o ritual da tarde-noite de Reis

Reportaxe 1

 

Reportaxe 2

Reportaxe 3

Centos de guardeses e veciños da contorna ocuparon o sábado, 5 de xaneiro, as beirarrúas para ver pasar aos Reis Magos que, nas respectivas carrozas e acompañados dos seus paxes, saudaron a cantos acudiron a recibilos. Pouco despois das 18 horas a Comitiva Real, precedida pola “tuna” do Club da Terceira Idade, saíu da Alameda e de seguido comezou o reparto de caramelos. Entre as carrozas o grupo de animación “On Zanfonos”, formado por músicos procedentes da Agrupación Musical da Guarda poñían tamén a nota musical ao desfile que discurriu pola Rúa Galicia, José Manuel Andreini, Agustín Nandín, Bernardo Alonso e chegada á Praza do Reló onde xa moitísimos veciños agardaban a presenza das Súas Majestades, que entraron de seguido á Casa dos Alonso para recibir aos nenos e escoitar as súas peticións para facelas realidade na Noite Máxica. Máis de unha hora se prolongou a recepción que Melchor, Gaspar e Baltasar ofreceu aos máis pequenos na mencionada Casa dos Alonso, convertida nese tempo no Palacio Real.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

(Reportaxe 1)

 

(Reportaxe 2)

 

 

(Reportaxe 3)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Exposición

de Beléns na 

Catedral de Tui

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com