19/05/14

     

    

Día das Letras Galegas 2014 na Guarda

  

Estas fotos pódense mercar en papel fotográfico enviando un correo a galiciasuroeste@gmail.com

 

A Guarda conmemorou o Día das Letras Galegas nun acto organizado pola Agrupación Cultural Guardesa

 

 

            O auditorio de San Bieito acolleu, o 17 de maio, unha edición máis o Día das Letras Galegas, organizado pola Agrupación Cultural Guardesa, para conmemorar esta xornada de exaltación da nosa lingua e os seus escritores.

            Pasadas as 17 horas os grupos folclóricos que actuarían no auditorio, saíron da Alameda cara ó porto. O acto competiu cunha xornada de praia, que logo dun duro inverno, moitos desexaban, e co partido de fútbol, Barcelona-Atlético de Madrid que disputaban o campionato de liga. Aínda así foi numeroso o público que acudiu a disfrutar da música e o baile que contou cos grupos de gaitas da Terceira Idade, Boalleira, Xamaraina, Citania, a Ribeira do Miño, Do Lusco ó Fusco. Churumbela, e Vento Mareiro, ademais do Balet Studio 88, todos eles da Guarda.

            Sorteo de agasallos entre o público e a entrega de premios aos gañadores dos concursos de redacción e debuxo escolar, formaron parte da programación deste 17 de maio de 2014.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Mercado Solidario ConRazones (2)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com