24/04/2013

     

    

Tui le

Reportaxe: Beti Rey

 

Máis dun milleiro de escolares participaron en Tui Le co gallo do Día do Libro

 

Máis de mil escolares de Tui e de Valença do Minho participaron o martes, 23 de abril, nunha  soleada mañá, na Praza de San Fernando na iniciativa “Tui le: os libros na praza” que por cuarto ano consecutivo se celebrou co gallo do Día do Libro. A organización corresponde á Biblioteca Pública Municipal de Tui e as bibliotecas escolares.

Dende ás 10 da mañá e ata o mediodía os nenos fóronse achegando por quendas ata este espazo onde puideron intercambiar os libros que levaban por outros que estaban na propia praza.

O director da Biblioteca Municipal, Rafael Sánchez Bargiela, facía unha valoración positiva desta cuarta edición de Tui Le, nunha actividade que busca a promoción da lectura.

Engadía que a biblioteca aporta a esta iniciativa 600 libros que se suman aos que traen os propios escolares de Tui e este ano tamén de Valença.

Jose Lores, da biblioteca do IES San Paio, explicaba que esta actividade ten unha boa acollida entre os escolares, e levan xa semanas preparándoa.

Engadía que esta ao igual que outras actividades que levan a cabo as biblioteca inciden no hábito lector.

 

Outra forma de ver as reportaxes: premer nas fotos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Clausurada a Mostra de Cultivos do Baixo Miño

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com