07/07/14

     

    

Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira

  

Estas fotos pódense mercar en pepel fotográfico enviando un correo a galiciasuroeste@gmail.com

  

A Guarda celebrou a XXIV Festa da Lagosta con novo éxito de participantes que o domingo encheron a carpa

 

            A Guarda clausurou, o 6 de xullo, a Festa da Lagosta que desde o venres (4 de xullo) se celebrou no porto na súa vixésimo cuarta edición, coa declaración, desde este ano, de Festa de Interese Turístico de Galicia.

            O alcalde socialista da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, impuxo o venres, durante o acto inaugural, a Lagosta de Ouro a Purificación Álvarez, que foi alcaldesa popular e con cuxo goberno se creou esta festa no ano 1991. En palabras do rexedor local, “non podía ser que quen presidiu o goberno municipal ese ano, e até 1999, non tivese a consideración institucional e pública por todo canto fixo en favor da Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira”, lembrando que xa no ano 2000, o goberno socialista qu el mesmo tamén presidía, concedeu a Lagosta de Ouro a Francisco Ferreira, tamén edil popular con Purificación Álvarez, e responsable da concellaría de Turismo, suficientemente merecida, saientou o alcalde.

            Desde o balcón da Casa Consistorial, tanto o actual alcalde, como Purificación Álvarez animaron a gozar da festa, pero tamén a traballar en favor dela, porque é un reclamo turístico que hai que coidar, apelando á responsabilidade do sector a facelo.

            O pregón desta edición foi lido por Cándido Pazó, quen puxo unha nota de humor nas súas palabras, con referencias políticas, e tamén ás dificultades polas que pasa o ferri, sen esquecer a crise económica, que non imposibilitará gozar da variedade de produtos que ademais da lagosta, ofrece a “cociña mariñeira”.

            O sábado, celebrouse a Travesía a nado do Porto da Guarda, con menor número de participantes que os inscritos, debido ás inclemencias meteorolóxicas, e algúns abandonos tras o primeiro “chapuzón”, porque “a auga estaba moi fría”.

            Actividades acuáticas, treboadas, feira de artesanía, xogos xigantes, inchables, talleres de cociña para os nenos e o serán mariñeiro, ademais do tren turístico, e anoite de fado con Sandra Correia que “colapsou” de público a carpa, foron algunhas das alternativas que tivo a festa.

            Entre os comensais, habíaos de Alemaña, Francia, Italia, País Vasco, Madríd ou Andalucía, que pasan uns días na Guarda ou o sur da provincia, aínda que algúns coruñeses e vigueses, por citar outros exemplos, viñeron exprofeso para participar da festa. E todos coincidían que o produto era riquísimo, ben elaborado, aínda que algún atopou a lagosta “cara e exquisita”, a pesar de que o seu prezo non variou desde o ano 2006.

            Sobre as mesas, sobre todo, podíase ver lagosta á prancha, a especialidade máis solicitada. E da “cociña mariñeira”, empanadas, empanadillas, polbo, navallas e zamburiñas, entre máis de vinte pratos. A primeiras horas da tarde do domingo, algúns dos establecementos riscara determinadas especialidades que se esgotaron, e os restauradores mostrábanse animados polo desenvolvemento da festa que o sábado desafiou as inclemencias meteorolóxicas, pero que o domingo contou cunha climatoloxía favorable animando a achegarse ao porto.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Travesía a nado do Porto da Guarda

 

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com