11/06/2015

     

    

Homenaxe a Álvarez Koki nas Letras Galegas

 por Victoriano Rodríguez

  

 

O venres, 5 de xuño, celebrouse no Centro Cultural da Guarda a homenaxe a Francisco Álvarez-Koki.

Nado na Guarda en 1957, reside en Nova Iorque dende 1984. É autor de obra poética e narrativa. Ten sido antologado en distintas antoloxías e colabora en xornais de literatura de España, Portugal e Latinoamérica. Corresponsal en Nova Iorque do xornal galego “A Peneira”.

Ten publicados en galego os poemarios Lexanías, Maruxía, Máis aló de Fisterre, Alén da fronteira, Para abril e amantes; e as obras en narrativa Ratas en Manhattan, Un neno na emigración.

Publicou poemas nas seguintes obras colectivas: A Coruña á luz das letras, En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, A cidade na poesía galega do século XXI, 150 cantares para Rosalía de Castro.

En castelán ten publicados os poemarios Poemas del verbo amar, Soliloquios del silencio, Para el amor pido la palabra, Sombra de luna, Desde la otra orilla, Entre dos aguas, Entre tu cuerpo y mi cuerpo, Nueva York en nueve poetas, Al fin del siglo.

Publicou poemas nas seguintes obras colectivas: Nueva York en nueve poetas, Doce poetas entre rascacielos, Miradas de Nueva York, Seis narradores en Nueva York.

Tamén é coautor co poeta colombiano Miguel Falquez-Certain, da obra de teatro Quemar las naves, primeiro premio no concurso Nuevas voces del Teatro Repertorio Español.

Na homenaxe falou sobre Francisco Álvarez-Koki, María do Camino Noia, catedrática da Universidade de Vigo, a parte musical estivo a cargo do Grupo de Pandeiretas da A.C.G., dirixida por Berta Castro; o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz, e o Quinteto de metais “Ray-Band Brass”, compoñentes da Agrupación Musical da Guarda.

Como vén sendo tradicional, a A.C.G. entregouse un libriño homenaxe aos asistentes ó acto.

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Procesión do Santo Enterro

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2014

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com