17/03/18

     

 

 

 

JULIA SOBRINO 

   

Julia Sobrino homenaxeada recibiu o pin de ouro da Guarda

 

Premer na foto para máis imaxes

 

 

            A dilatada traxectoria cultural, social e política de Julia Sobrino, foi recoñecida o pasado 17 de marzo, sábado, cun acto promovido por Chuni Vázquez e organizado polo concello da Guarda, que contou coa colaboración de diferentes colectivos da localidade.

            Amigos, familiares e coñecidos, en número de 200, congregáronse no salón de actos do Centro Cultural para arroupar á homenaxeada nun acto poético e musical, que contou coa intervención de diferentes oradores, entre eles Antonio Lomba, alcalde da Guarda; os exalcaldes José Manuel Domínguez Freitas e Purificación Álvarez; estudosos, poetas e músicos, coma Chuni Vázquez, José Antonio Uris Guisantes, María José Baz e Berta Castro, entre outros, e representantes de distintos colectivos aos que pertenceu, animou ou dinamizou Julia Sobrino, a quen o alcalde impuxo o pin de ouro da localidade.

            Durante a homenaxe proxectáronse distintos vídeos que resumían momentos da vida de Julia Sobrino tanto da súa traxectoria cultural, social e política, coma fotos máis persoais da vida en familia.

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Desfile de Entroido na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2016

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com