13/02/2013

     

    

Desfile de entroido en Tui

   

Tui desafía á choiva co seu desfile de Entroido no que “Alicia e a raíña de corazóns” de Matamá se levou o primeiro premio

Alicia e a Raíña de Corazóns

 

Pese ao mal tempo e a choiva que caeu ao longo de toda a tarde do 12 de febreiro en Tui, esta cidade celebrou o desfile-concurso de Entroido. Pese á mala climatoloxía miles de persoas encheron de novo as rúas novas da cidade para, paraugas en man, disfrutar da creatividade e imaxinación dos participantes.

A gañadora na categoría absoluta foi a comparsa “Alicia e a raíña de corazóns” de Matamá de Vigo, que fixo unha representación do clásico conto cunha perfecta sincronización por parte dos seus integrantes. Esta comparsa levou tamén o terceiro premio en carrozas e en acompañamento musical.

O segundo premio na categoría absoluta foi para “Cantos Somos...as leiriñas do Concello”  que se fixo co quinto posto en carrozas e co primeiro en acompañamento musical.

A representación da Fórmula 1 realizada pola comparsa de  “Delegación Maranelo Pexegueiro” levouse o terceiro premio na categoría absoluta, así como o segundo en carrozas co seu coche de Ferrari, e o segundo tamén en acompañamento musical.

Na categoría absoluta o cuarto premio foi para o Borralliño de Soutelo cunha gran representación dos 100 anos de Universal Estudios, con representación amais de distintas películas, que se levou tamén o primeiro premio de carrozas. O quinto posto foi para “A Sanidade vaise ao garete” de Caldelas, o sexto para os “Piratas de Lembrazas” de Guillarei, e o sétimo premio foi para “Luces de Tomiño” con Asterix, Obelix e os Vikingos.

En carrozas o cuarto premio foi para “Os Grecomacanudos” de Gondomar, o sexto para “Selva da Amazonas” e o sétimo para “Luces de Tomiño”.

O Entroido en Tui despedirase o próximo domingo co Enterro do Bacallau a partir das 19.30 horas.

 

Alicia e a Raíña de Corazóns

 

Cantos somos

 

Cantos somos

 

Pexegueiro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Carnavales en

Madrid, por Silvio Videira Alonso

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com