03/07/2013

     

    

Casas Indianas desde a óptica escolar

 

Exposición escolar sobre as casas indianas

 

            O Centro cultural da Guarda ofrece unha exposición sobre as Casas Indianas da Guarda, realizadas polos escolares de 6º de Primaria do CEIP da Sangriña cuxos profesores tentan cada ano descubrir os valores do noso, aos seus alumnos.

            As Casas Indianas, que foron postas en valor, grazas aos traballos de divulgación levados a cabo polo doctor en Historia, Joaquín Miguel Villa Álvarez, que as deu a coñecer por vez primeira nunha colaboración realizada no Libro-programa do Monte, no ano 2000, e que seguiría con novas aportacións en anos sucesivos, forman xa parte do patrimonio arquitectónico da Guarda merecendo o interese do Concello, que ademais de ter feito algunha andaina guiada, publicou un Routeiro das Casas Indianas.

            A exposición dos alumnos do ACEIP a Sangriña, amósase na primeira sala do Centro Cultural e pode visitarse en horario de apertura do mesmo.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Inauguración

da Unión del

Porvenir en Tomiño

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com