15/10/2013

     

    

Centenario de Herminda

Reportaxe: Beti Rey

 

O alcalde Moisés Rodríguez felicita á veciña Herminda Villaverde na súa casa polo seu 100 cumpreanos

A veciña tudense Herminda Villaverde celebrou o pasado domingo o seu 100 aniversario rodeada de familiares e amigos na súa casa de Guillarei. O alcalde Moisés Rodríguez, xunto con outros membros da Corporación Municipal, sorprendía á veciña de Tui cunha tarta de cumpreanos que lle levaron á súa casa como mostra de celebración deste século de vida.

Herminda Villaverde mostrábase contenta e agradecida pola visita e cumpría así coa tradición de soprar as velas. Viúva desde hai moitos anos dedicou a meirande parte da súa  vida ós labores domésticos e agrícolas e deu luz a sete fillos, dos cales na actualidade só viven 3. Ten o título de bisavoa, con 10 netos e 6 bisnetos, que acudiron ó domicilio de Herminda para celebrar, xunto co resto da familia,o seu centenario.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Romancha do

Cabaqueiro

no Rosal

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com