21/01/2013

     

    

<Gong> pasou pola Guarda

 

As consecuencias do “Gong” deixan destrozos no patrimonio cultural da Guarda

 

            As consecuencias de Gong, a cicloxénesis que pasou por Galicia na mañá do sábado, 19 de xaneiro, deixou a súa pegada en forma de cables arrancados das súas anclaxes, árbores arrincados ou tronzados, tellas levandas, algunha gamela volcada e destrozos en elementos patrimoniais.

            Por citar, das que coñecemos, as peores consecuencias, salientamos no Monte Santa Trega, o esnaquizamento do cruceiro levantado en 1975, polos seus familiares, "En Memoria del doctor José R. Sobrino Arias", que quedou practicamente irrecoñecible polos importantes danos ocasionados, o que sen dúbida fai pouco menos que imposible a súa restauración, algo que destacaban algúns membros da banda mariñeira de “A Carallada” que convertiran o cruceiro no lugar da peculiar “xura” da Festa do Monte.

            Un dos impresionantes eucaliptos de Campo Redondo, nas proximidades da Casa Forestal, foi, como outros deste mesmo lugar, arrancado de raíz, caendo sobre unha das estacións do Vía Crucis Monumental, concretamente sobre a segunda, aínda que, por fortuna esta obra do escultor valenciano Julio Vicente e Mengual, non parece que sofrise importantes danos e unha primeira inspección ocular soamente advertiu que se desmontaran as distintas pezas que compoñen esta cruz.

            No poboado castrexo, un dos érbedos próximos á estrada, caeu sobre unha das construccións e, como no caso anterior, non parece que producie maiores danos na mesma.

            O ciprés que cuns, aproximadamente, cen anos se levantaba preto da reconstrucción castrexa da esquerda da estrada de acceso ao monte, foi, literalmente, seccionado en dúas partes, caendo o voluminoso tronco sobre outros restos castrexos, aínda que sen causar estragos. A parte que quedou en pé deste ciprés móstrase agora coma un esqueleto que intenta sosterse en pé fronte ás inclemencias que o avasaian.

            E fronte a esta imaxe desoladora, está esoutra que nos deixa o mar cando se abate contra o Balueiro. Ese mar que sempre é un espectáculo no porto da Guarda e volveu selo co <Gong>, e aínda que en xeral non acompañaron uns ceus máis azuis, e os grises predominaron sobre as aguas, o mar contra os espigóns oeste e norte, aos que vencía en altura, mobilizaron os obturadores de ducias de cámaras deixando imaxes sempre fermosas... vistas desde a seguridad que nos dá saber que temos os pés <aconrados> no chan, malia o forte vento que impedía a estabilidade do fotógrafo. 

   

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Emilio Rolán presenta "Volviendo al pasado" en Anabam

 

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com