30/04/2013

     

    

Golfiño riscado na praia Area Grande

Reportaxe: Milo Baz

 

 

            O domingo, 28 de abril, un golfiño riscado causou espectación na praia da Area Grande, na Guarda, congregando durante toda a tarde a un importante número de persoas no lugar.

            O golfiño evolucionaba formado continuamente círculos e saíndo á superficie continuamente. O luns, día 29, a primeiras horas da mañá, este cetáceo foi atopado morto nas proximidades do Trampolín.

            Membros do grupo Cemma, e de Anabam, asociación cofundadora do primeiro colectivo mencionado, procederon a realizar a necropsia do cadáver, obtendo mostras de tecidos e de distintos órganos para proceder, posteriormente, á súa análise. Nunha primeira inspección ocular, pudéronse observar distintos parásitos e mesmo unha escasa capa de graxa, así como o estómago baleiro, o que presumía que levaba un tempo sen inxerir alimento.

            O golfiño riscado, un subadulto que non chegaba aos dous metros, era un macho.

 

Outra forma de ver as reportaxes: premer nas fotos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Actividades de Anabam e Pena Trevinca

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com