03/06/2016

     

 

 

 

Homenaxe a Costas Goberna

  

A Agrupación Cultural Guardesa rendeu homenaxe ao investigador Fernando Javier Costas Goberna

Reportaxe fotográfica de Victoriano Rodríguez

 

            A Agrupación Cultural Guardesa, como acto final da programación do Día das Letras Galegas, homenaxeou o 3 de xuño a Fernando Javier Costas Goberna, investigador e divulgador da prehistoria galega, nomeadamente dos petróglifos.

            No acto participaron as Pandereteiras da Agrupación Cutural Guardesa, o grupo de corda Antorcha e o Grupo de clarinetes Klason, da Agrupación Musical da Guarda.

            Falou de Costas Goberna o arqueólogo Antonio de la Peña Santos, presentado por Marisol Diz Amil, secretaria da A.C.G., e pechou as intervencións Julia Sobrino,presidenta da asociación convocante, intervindo tamén Miguel Ángel Pombal Diego, destacado activista cultural e investigador da Universidade de Vigo.

            O acto, presentado por Manuel Santos, principiou coa proxección de imaxes de distintos momentos da vida de Costas Goberna así como das actividades e publicacións nas que o investigador ten colaborado.

            Entre o público encontrábanse arqueólogos e historiadores; amigos e familiares, representantes dos concellos da Guarda e Oia, cos respectivos alcaldes, e persoas relacionadas co mundo cultural e asociativo da comarca.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer nas imaxes

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Aniversario Residencia Monte Tecla

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2015

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com