11/09/12

     

    

I edición de Galician Awards Cache

   

O rosaleiro Juan Ramón Martínez Barbosa presentou en Bembrive (Vigo) a I edición de Galician Awards Cache 2012

 

            O rosaleiro Juan Ramón Martínez Barbosa foi o encargado de presentar a I edición de Galician Awards Cache que se celebrou o domingo, 9 de setembro, no auditorio da Sociedad Cultural Deportiva y Recreativa "Helios" de Bembrive (Vigo). Moitos dos cachés están situados en fermosos lugares turístico-culturais do Baixo Miño.

            De mañá, tivo lugar nesta parroquia viguesa, a “I Gimcana A Caza do Tesouro”, unha divertida proba que xuntou a maiores e pequenos; houbo un novidoso flashmob de danza oriental coa participación de medio cento de persoas e unha churrascada popular nas instalacións de “Helios”.

            Pola tarde entregáronse os premios aos mellores tesouros (cachés) de Galicia dentro do interesante -e cada vez máis coñecido- xogo/deporte do Geocaching*.

Martínez Barbosa presentou esta gala, na que resultou premiado como mellor caché de fóra de Galicia “Sons da Floresta” de Jotapesantos (Pedro Santos, “O mestre do Geocaching”, de Portugal). Entregou o premio Emilio Viéitez, un dos organizadores e membro de “Sufridores Celestes”.

O terceiro premio ao mellor caché de Galicia foi para “Cabo da Nave” de “El Correlimos”. O segundo recaíu en “El Código da Vinci”, de “Lalomt” (Lalo Monteagudo), sendo entregado o premio por Manuel Mayo, delegado de Deportes de “Helios”.

O vencedor da I edición dos Galician Awards Cache 2012 ao mellor caché de Galicia foi para “Monasterio de Lérez” de “Almarán” (Álex, Marta e Ana). Entregou o premio aos gañadores Marcelino Barreiro, presidente da S.C.D.R. “Helios” de Bembrive.

Destacar as diferentes actuacións durante a I Galician Awards Cache, do grupo musical “Tincho Fernán y Cía”, lembrando que coa súa canción “Nada, nada” estiveron no Maketón dos 40 Principales e na actualidade preparan o seu primeiro disco, co recoñecido produtor Javier Abreu.

            O monologuista Gabi (Gabriel Correa) do grupo “Avento” puxo a nota de humor do evento facendo unha simpática parodia das recentes e pasadas Olimpíadas.

            A mestra de danza, coreógrafa e bailarina, Azziza Safiyé, ofreceu no auditorio de Bembrive unha improvisación de percusión, bailando as súas alumnas unha danza oriental con “saggats”.

 (*Segundo se pode ler na páxina oficial de Geocaching.com "El Geocaching es un juego de búsqueda de tesoros al aire libre, en el mundo real, usando dispositivos GPS. Los participantes se dirigen a unas coordenadas GPS en concreto, y entonces tratan de encontrar el geocaché (caché, caja, contenedor) oculto en esa ubicación").

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Festas

da Guía:

procesion

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com