14/10/2013

     

    

A Garda Civil honrou á Virxe do Pilar

 

A Garda Civil da Guarda celebrou honrou no seu día á patroa a Virxe do Pilar

 

 

 

            A Garda Civil da Guarda honrou, o pasado 12 de outubro, á patroa, a Virxe do Pilar, cun acto relixioso e a ofrenda dunha coroa de flores, homenaxe aos compañeiros desaparecidos. Cooficiada polos párrocos da Guarda, Jesús García villadóniga; da Visitación de Santa María, Angel Soliño, e o somasco, Pai Vidal, a cerimonia relixiosa contou tamén coa presenza das autoriadades locais, guardeses e a colaboración da Agrupación Coral Polifónica da Guarda.

            Na homilía o orador, Jesús García Villadóniga, cualificou á Garda Civil como “custodios do estado de dereito”, enxalzou os valores que distinguen a este corpo, a súa participación en tarefas de paz en países en conflito, e lembrou a lema “A honra é a miña divisa”. Finalizou García Villadóniga lendo un soneto do Juan José Montesinos, dedicado á Garda Civil.

            Pola súa banda o brigada-xefe do acuartelamento, Eligio Rivas Freiría, lembrou que en cinco meses cumpriranse 170 anos de creación da Garda Civil que en 1929 recibiu o título de Benemérita. Tamén se referiu ao centenario da Virxe do Pilar, como patroa da institución. Animou aos seus compañeiros a reforzar o carácter de unión entre eles e quixo destacar que segundo a enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas, a Garda Civil é a institución mellor valorada polos españois.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Campionato de Futbolín "Os Cabaqueiros"

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com