30/08/12

     

    

Recepción a medallistas

Reportaxe: Beti Rey

 

Sesenta alumnos fórmanse nos cursos catro cursos que imparte o Concello de Tui

Onte á mañá tivo lugar a apertura oficial do Curso de Formación Ocupacional que o Concello de Tui vai impartir nos próximos meses financiados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.  O acto tivo lugar nas instalacións do Centro de Formación en Guillarei onde o alclade, Moisés Rodríguez, e o concelleiro de Formación e Emprego, José Ángel Villaverde, acompañados das edís Olga Montes e Vanesa Rodríguez, deron á benvida ao alumnado que se vai formar en catro especialidades. Tamén asistiron o responsable do Centro de Formación, así coma os monitores dos cursos.

O concelleiro de Formación e Emprego, José Ángel Villaverde, destacou que nos catro cursos concedidos se van formar 60 persoas, salientando que na actual situación é importante a formación á que teñen acceso, da que agarda fagan un bo aproveitamento.

Mentres o alcalde, Moisés Rodríguez, sinalou  que nestes momentos para os que están nalgún tipo de cargo, como o concello, o máis complicado é non poder satisfacer todas as necesidades de traballo pese ao esforzo importante que se está a realizar. En concreto sobre estes cursos salientaba a achega de 260 mil euros por parte da Xunta, co que se busca incrementar o nivel de formación dos desempregados para así no futuro facilitar a súa incorporación ao mundo laboral. Nese senso indicaba que “unha vez se acabe a formación tédenos ao voso carón para seguir buscando emprego que é a nosa prioridade máxima”.

O primeiro dos catro cursos de formación en comezar foi o de “Instalación de elementos de carpintería”, o pasado 23 de agosto. As clases teñen lugar de 7 a 15h cun total de 578 horas lectivas e un orzamento de 73.301,51€.

Mentres esta semana comezaron os cursos de “Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas” que se imparte de 9 a 13.30h cun total de 298 horas, e o de “Operacións de fontanería e calefacción – climatización doméstica” que ten lugar de 7 a 15h ata completar 558 horas. O orzamentos destes cursos é de 40.328,38€ e 79.468,75€ respectivamente.

Amais nos próximos días comezará o curso de  “Montaxe de mobles e elementos de carpintería” que terá lugar polas tardes de 15 a 23h con 538 horas lectivas e un orzamento de 68.217,24€.

En conxunto estes catros cursos supoñen un investimento de 261.315,88 € por parte da Consellería de Traballo e Benestar. Tui, logo de Vigo e Pontevedra, é o concello que maior achega recibe por este concepto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Presentación de "O Tecla" de Mnauel Álvarez

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com