09/12/2013

     

    

Flores para Amalia

 

Nani Matos presentou na Guarda o seu segundo traballo “Flores para Amalia”

 

 

            Unhas 150 persoas acudiron ao Centro Cultural da Garda para ver a presentación de “Flores para Amalia”, do director guardés, Nani Matos quen, antes da proxección se dirixiu ao público para agradecer a súa presenza, pero tamén a do equipo humano que fixo posible a súa segunda cinta.

            Na súa breve intervención Nani Matos tivo recordos para unha persoa, a súa nai, que xa non poderá ver este traballo culminado. Posteriormente explicou que as principais dificultades da rodaxe estiveron no tempo, sobre todo na climatoloxía adversa.

 

            Noutro momento explicou que a rodaxe comezou en maio de 2012, e en xaneiro de 2013 o curto estaba dispoñible para a súa proxección, cuxo estrea tivo lugar en abril na cidade do Lérez.

            Tras a proxección, que se iniciou e concluíu con música electrónica, que tivo como protagonista ao músico Bieito Álvarez, os asistentes, entre eles o alcalde da Guarda. José M. Domínguez Freitas, e o concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, felicitaron a Nani Matos por este segundo traballo que sorprendeu aos espectadores.

 

Outra forma de ver a reportaxe; premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Pleno Infantil na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com