22/05/2013

     

    

Feira do Libro

 

A Feira do Libro organzada polo concello achegou o mundo da palabra escrita á rúa

 

            A Praza do Reló foi o marco que acolleu a Feira do Libro da Guarda, organizada pola Concellaría de Cultura, unha cita cos libros, o humor e a música celebrada o domingo, 19 de maio.

            Durante a mañá, os libreiros montaron os stands no interior da Casa dos Alonso, por mor dunha previsións meteorolóxicas variables. Autores galegos e casteláns compartiron andeis das librarías locais e as chegadas da contorna.

            Tamén o concello ofreceu unha oferta propia, daquelas publicacións editadas pola institución local, ademais de ofrecer a oportunidade de trocar libros.

            Pepe Carreiro mostrou a “facilidade” de realizar debuxos que ilustran historias. E Bieito Álvarez Trío puxo son musical ao mundo das palabras lidas en silenzo.

            A tarde abriuse con sol, que animou aos máis pequenos a “armar” libretas na Praza do Reló no taller aberto nesta ocasión. E, cumprindo o programa, Cándido Pazó puxo a nota de humor á xornada, Retranca, metáforas, denuncia social convocaron as palabras do humorista que rematou asinando autógrafos.

 

Outra forma de ver as reportaxes: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

2ª BTT

Carballas

Loureza-Oia

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com