22/12/2012

     

    

Festival de Nadal do Conservatorio da Guarda

   

O Festival do Conservatorio de Música abriu a Programación de Nadal na Guarda

 

            O Festival do Conservatorio Elemental de Música da Guarda, celebrado o xoves, 20 de decembro, abriu o Programa de Nadal do concello da Guarda.

            Os alumnos das distintas especialidades subiron ao escenario para interpretar fragmentos ou compesicións completas, de distintos autores, pero tamén temas populares e tradicionais propios das datas de Nadal.

            Pechou o acto, que congregou, sobre todo, a familiares dos futuros músicos, o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas quen lembrou que o día 30 se celebraba a Carreira Solidaria para animar a cantos queiran participar a inscribirse nesta proba e mesmo, se non desexan correr, a entregar algún alimento que será distribuído por Servizos Sociais do concello, Cruz Vemella e San Vicente de Paúl, entre as familias que máis que nunca o están pasando mal por mor da crise e as dificultades para atopar unha saída a situación pola que están a pasar.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Belén del Padre Vidal expuesto en el colegio PP Somascos

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2010

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com