14/08/12

     

    

Festa do Miño en Tui

Reportaxe: Beti Rey

 

Miles de persoas participaron na II Festa do Miño

 

Miles de persoas pasaron o pasado sábado por Tui para participar das diferentes actividades previstas no marco da II Festa do Miño. O balance é de rotundo éxito.

Todo comezaba pola mañá na ribeira de Caldelas onde se celebrou a Romaría Popular, con produtos gastronómicos a prezos populares, música,... ata alí comezaron a chegar xa dende o mediodía os participantes no II Descenso Popular. Algún deixaron para última hora a inscrición e aqueles que non contaban con piragua propia non puideron participar xa que as tres empresas participantes alugaron todas as piraguas de que dispoñía.  Aínda así no Descenso triplicouse a participación de 2011, e superouse as 600 persoas neste descenso. O encargado de dar a saída ás 16.30h foi o olímpico tudense Enrique Míguez, medalla de bronce en c2 500 metros en Los Ángeles, quen manfestou sentirse moi orgulloso de contar con tanta participación nesta proba popular.  Os primeiros en completar os 7 quilómetros de percorrido chegaban a Tui en a penas 40 minutos. Houbo outros que tardaron algo máis xa que incluso pararon na praia de Areeiros a repor forzas e seguir coa festa.

Unha minutos antes das 18h saían dende Salvaterra de Miño máis de 500 padeeiros profesionais no 41º Descenso Internacional do Miño. Os primeiros en chegar a Tui foron os sudafricano Antony Scott e Cam Shoeman do Club Natal cun tempo de 0:56:57,000 proclamándose así vencedores absolutos. Os segundos clasificados foron o k2 de Victor Javier Rodríguez e Diego Piña do Kayak Tudense.  A vitoria no k1 e no c1 quedou tamén en Tui con Iván Alonso e Manuel Garrido, que esta fin de semana van disputar o Campionato de España de Martón. Mentres en mulleres a vitoria en k1 foi Tania Fernández do Fluvial de Lugo, e en k2 para Ana Varela e Carla Pérez.  A entrega de premios tivo lugar ás 21h no Paseo da Corredoira.

A Festa do Miño tivo tamén a súa proposta gastronómica coa Festa celebrada no Paseo da Corredoira da man de dez asociacións culturais que ofreceron diversidade de produtos. Centos de persoas disfrutaron destes pinchos.

Para o fin de festa o escenario foi o Paseo Fluvial coa segunda edición do Festimiño. Os DOVER ofreceron un magnífico concerto que fixo vibrar aos asistentes, que aplaudiron o seu bo facer. Tras eles chegarían dj Sexation e Fonsi Nieto que foron os responsables de continuar coa festa ata altas horas da madrugada.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Romaria do Monte Santa Trega (A Guarda)

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2011

 

 

Reportaxes dos lectores

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com