05/10/2013

     

    

Expo Antonio Fernández

Reportaxe: Beti Rey

seguinte

 

A obra de Antonio Fernández se amosa ao público no Centro Goianés ata o 20 deste mes

 

O primeiro andar do Centro Goianés acolle ata o 20 de outubro a mostra “Antonio Fernández: pintor de tres mundos”. Pode ser visitada de 10 a 22h, e amais o martes, mércores e xoves de 19 a 21h haberá visitas guiadas.

A exposición, comisariada por Carlos L. Bernárdez, reúne unha vintena de cadros do pintor reflectindo os seus tres mundos. O seu Goián natal, o Brasil onde emigrou de mozo, e Antícoli en Italia onde continuou a súa formación artística. Os cadros que se expoñen foron pintados entre 1913 e 1952. A montaxe da exposición con fondo gris e unha coidada iluminación realza máis se cabe a obra do artista.

O comisario da mostra explicou que a modo de prólogo se recolle no inicio da mostra un autoretrado de Antonio Fernández, e un retrato que o pintor fixo do seu alumno Xabier Pousa. Logo continúan obras do seu seu momento brasiñeiro e da súa formación en Antícoli. O seu Goián natal, ao que regreso despois de vivir en Italia está tamén presente ao través das sobreiras do Monte Magdalena ou dunha paisaxe da ribeira do Miño.   A mostra presenta amais por vez primeira en Galicia a obra de gran formato “Bosquexo para a volta ao aprisco”.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, na presentación da exposición na que estivo acompañada polo comisario e por membros da Comisión Antonio Fernández, destacou que o homenaxeado destacou “pola súa pintura pero tamén polo seu lado humano”. E apuntou que o 2O Concello de Tomiño tiña a débeda de facerlle unha homenaxe”.

Carlos L. Bernández, comisario da exposición, explicou que “dende unha perspectiva histórica Antonio Fernández resiste moi ben o tempo” engadindo que “conseguiu o que él quería: ser un pintor de museo”.  Tamén apuntou que as paisaxes e as vistas urbanas de Antonio Fernández poden achegarse máis a sensibilidade do espectador moderno.

A exposición será visitada nos próximos días por 350 escolares dos distintos colexio de Tomiño, que comezará o percorrido na praza dedicada ao pintor en Goián. Tamén se están a organizar visitas guiadas para as distintas asociacións tomiñesas. O público en xeral lembramos que pode visitar a mostra de 10 a 22h ata o 20 de outubro.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

       

seguinte

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

BTT Serra da Groba

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com