20/07/2013

     

    

Feira do Viño do Rosal

 

Alberto González do Restaurante Silabario de Tui foi o pregoeiro da XXI Feira do Viño do Rosal

 

            O Rosal inaugurou, o 19 de xullo, a XXI Feira do Viño, cun acto no que participaron os alcaldes dos cinco concellos da comarca, ademais do de Baiona; o conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández Fernández de Rojas, que foi o responsable da dar por inaugurada esta edición, e o pregoeiro, Alberto González, Estrella Michelín 2012 (Restaurante Silabario, Tui). Concelleiros do Rosal, da Guarda e de Tui, representantes de distintos colectivos como o presidente de ACOR, e outras personalidades, xunto co público, acompañaron as primeiras horas da presente edición da Feira, que a medida que transcorría a tarde, foi arroupada por numerosas persoas.

            Jesús María Fernández Portela, alcalde da localidade, interviu en primeiro lugar para a agradecer a cantos se implicaron na Feira o traballo realizado; agradecemento que estendeu a cantas autoridades e persoas quixeron estar presentes na xornada inaugural. De seguido presentou ao pregoeiro e ao conselleiro, que tomarían a palabras nesa orde, trala intervención do rexedor rosaleiro.

            Alberto González, do Restaurante Silabario, de Tui, que se dirixiu ó público en castelán, considerou un privilexio “dar o pistoletazo de saída a esta Feira do Viño”, un privilexio e “un honor que a miña participación na Feira coincida co 25 aniversario da D.O. Rías Baixas: un cuarto de século de traballo, esforzo e éxitos”.

            Lembrou aos seus primoxenitories cando dixo que “o amor polos fogóns débollos á miña nai, pero sen dúbida, é a meu pai ó que lle debo o gusto polo viño”, recordando como de rapaz acudían a distintos lugares de Galicia, entre eles O Rosal, para embotellar viño.

            Do restaurante Silabario, acudiu á opinión “dun dos grandes xornalistas gastronómicos que se refería á cociña de Silabario, coma unha cociña que creaba territorio”, para asegurar que a cociña reportoulle moita satisfacción a nivel profesional.

            A dependencia do viño á terra; a laboriosidade e o carácter amable dos rosaleiros os momentos difíciles que se están a vivir, formaron parte dun discurso desde o que animou a “non desanimarnos, nin relaxarnos, nin a optar polo atallo e o camiño máis rápido”. E a non despreciar “a competencia doutras rexións, nin esquecer que os padais son cada vez máis esixentes”.

            E rematou falando das cualidades do viño “que é terapéutico; é decir, a medicina do corpo e da alma”, e desexou “que todos disfrutedes da Feira do Viño do Rosal ó máximo”.

            O conselleiro Agustín Hernández Fernández de Rojas, que lembrou que hai tres anos xa partipara nun acto semellante, referiuse ó bo facer dos viticultores rosaleiros; do viño do Rosal, como representante dos valores das xentes do Baixo Miño.

            Os cultivos tradicionais, xunto coa modernización, lembrou, están presentes no sector agrario dunha zona cuxos habitantes fan gala do seu carácter emprendedor.

            Manexeou algúns datos, coma que o viño do Rosal representa o 13 por cento da producción da D.O Rías Baixas. E rematou a súa intervención animando a apoiar ós nosos produtos.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Procesión da

Virxe do Carme

na Guarda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2012

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com