21/06/14

     

    

Festival Fin de Curso Conservatorio

  

Estas fotos pódense mercar en pepel fotográfico enviando un correo a galiciasuroeste@gmail.com

   

Festival Fin de Curso do Conservatorio de Música da Guarda

 

            O Conservatorio de Música da Guarda clausurou o curso acad´meico 2013-2014 co tradicional Concerto de Fin de Curso que tivo como protagonistas aos músicos que se forman neste centro.

            O acto celebrouse no Centro Cultural da Guarda, o pasado 19 de xuño, e contou coa participación dos alumnos de Preparatorio, así como os que cursan instrumentos vento madeira  evento metal, violín e viola, guitarras e piano.

            Pais, amigo se público en xeral disfrutaron deste concerto que tivo máis dinamismo que en pasadas edicións, ao variarse o formato interpretativo.

            A director ado Centro, Lurdes Abad, animou aos pais a levara os fillos ao Conservatorio, o mesmo que fixo o concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, lembrando tamén o importante número de alumnos que siguen estudos neste Conservatorio que dá esa oportunidade a aqueles afeccionado á música que nunca tiverran antes a oportunidade de formarse musicalmente.

            Pola súa banda unha representante da ANPA anunciou a disolución da Asociación de Nais e Pais de alumnados, adiantando que os algo máis de 600 euros de fondos que tiña este colectivo, foron doados ao Conservatorio. Animou a que outros pais asuman a ANPA para que o Conservatorio siga a contar con este importante apoio no próximo curso.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Alfombras florais: o traballo nas adegas

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com