14/07/2014

     

    

Festa do Avó

  

A Festa da 3ª Idade congregou na carpa do porto a un importante número de maiores na 15ª edición

 

            O Club da 3ª Idade da Guarda, presidido desde hai oito anos por Jesús González, celebrou o domingo, 13 de xullo, a Festa do Avó que chega á súa décima quinta edición.

            Con música do dúo “Sabor”, a intervención  do párroco da Guarda, Jesús García villadóniga que cantou tres cancións con acompañamento musical, e repetidos aplausos do público; a entrega das bandas de Raíña das Festas do Monte e Damas de Honor ás representantes deste colectivo no Desfile do Sábado, 9 de agosto, por parte da raíña e damas saíntes; o sorteo de agasallos e a degustación de rosca acompañada de sidra e refresco, os maiores disfrutaron un ano máis desta festa na que o concello estivo representado polo alcalde, José M. Domínguez Freitas, e as concelleiras Montserrat Magallanes Álvarez, Carmen María Castro e Tere Cadilla.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Festival de Baile Moderno de Xamaraina

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com