06/10/2014

     

    

Exfigalicia 2014

   

 

Inaugurada na Guarda a Exfigalicia 2014 que presenta as mellares coleccións de Galicia e Portugal

 

            Ata o 12 de outubro poderá visitarse na Sala da Casa dos Alonsos a mostra filatélica Exfigalicia 2014, que coincide co 50 Aniversario da fundación da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, inaugurada o pasado sábado, na que se presentan as máis importantes coleccións de Galicia e norte de Portugal. Os filatelistas da Guarda renden nesta mostra especial homenaxe ao primeiro presidente e cofundador, en 1964, deste colectivo, Francisco Sobrino Rodríguez, editando un sobre coa súa fotografía, no anverso, e unha síntese biográfica no reverso, xunto cun mataselos especial dedicado tamén a Francisco Sobrino. Ademais nesta mostra presentase o “enteiro postal” de Correos cunha imaxe da Guarda.

Na súa intervención, o presidente da SFNG, Luciano Lomba Vicente, anunciou que este colectivo no quere “esquecerse de todas aquelas persoas que en 1964 puxeron en marcha esta Sociedade e todos aqueles que ao longo destes anos pertenceron a esta sociedade, e a outras persoas ou entidades que sen ser socios foron dunha forma ou outra colaboradores para manter en pé a SFeNG e axudar a cumprir as nosas ilusións”, recoñecemento que chegou entregando unha praca aos familiares dos socios fundadores que ya finaron e a aqueles que aínda están entre nós.

O presidente de FEGASOFI, Valentín Suárez, recordou algúns dos éxitos da Sociedade Filatélica Guardesa, como estar en posesión da medalla de ouro a título colectivo ao mérito filatélico da Federación Galega de Sociedades Filatélicas, e tivo palabras amigables para o anterior presidente, xa finado, Juan Álvarez Sobrino, “extraordinario filatelista e mmellor persoa, amigo dos amigos”.

O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, aludiu ao esforzo e éxitos logrados pola filatelia guardesa colectivamente, pero tamén aos éxitos acadados por algúns dos seus membros, como José Ángel Gándara que dispón dunha das mellores coleccións temáticas a nivel mundial.

Ángel Pérez Pérez, director territorial da Zona 1 de Correos, agradeceu aos filatelistas non “só a súa afección, senón esa verdadeira dedicación á filatelia, e por acudir a estas exposicións, por nellorar as coleccións”, e especialmente referiuse ás perosas novas que se incoprporan ao mundo do coleccionismo.

            Finalmente o doutor en Historia, Joaquín Miguel Villa Álvarez percorreu a historia deste colectivo desde as orixes, lembrando aos fundadores, ata a actitualidade, pasando polas distintas etapas da Sociedade, a súa evolución e as novidades que se foron incorporando para facer deste colectivo unha sociadade viva. A investigación do seu traballo publicouse no catálogo de Exfigalica 2014, ilustrado con fotografías que axudan a entender a importancia da Sociedade Filatélica e Numismática na vida cultural e social guardesa.

No transcurso deste acto o presidente de FEGASOFI impuxo a insiginia de ouro, entregano asi mesmo o Diploma ao Mérito Filatélico, a Fernando Aranzaz del Río, pola súa colaboración e apoio constante a este colectivo.

 

Outra forma de ver a reportaxe: premer na foto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reportaxe anterior

 

Recepción ofical ao Club 1º de Agosto de Luanda

 

Outras reportaxes

 

Índice reportaxes 2013

 

 

 

Se desexa incluír unha reportaxe comercial en galiciasuroeste infórmese sen compromiso enviando un correo a:

galiciasuroeste(arroba)gmail (punto)com